post

Colocamos a continuación o texto enviado por Xurxo Ayán que nos vai acompañar e explicar na excusión do día 20 das IV Xornadas da Zona Atlántica:

A actividade proposta como práctica da charla sobre o mundo da Idade do Ferro contempla a visita a tres sitios arqueolóxicos nos que levamos traballando nos últimos anos. Estes tres castros resumen a meirande parte das cuestións relativas á sociedade castrexa que poden interesar aos visitantes e turistas, así como as recentes novidades na investigación. O ponente fornecerá material bibliográfico e didáctico (así como ligazóns na rede) durante a visita a cada un destes sitios arqueolóxicos.

Castro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra): sitio arqueolóxico recuperado pola propia comunidade local e a Fundación Terra Termarum dende o ano 2000. É un pequeno poboado fortificado fundado nos séculos IV-III a. C. e que online casino bonus no deposit required perdura até o século II d. C. Este castro é todo un prototipo de castro galego que nos permitirá explicar a paisaxe castrexa, como se constrúe un poboado, como vai mudando a arquitectura, como se vive dentro dun castro, o valor simbólico dos castros na sociedade e a paisaxe galega actuais, etc…

Monte do Castro en Besomaño (Ribadumia, Pontevedra): sitio arqueolóxico recuperado con fondos europeos no marco do proxecto Pousadas do Salnés pola Deputación de Pontevedra. Trátase dun poboado fortificado de grandes dimensións no que se poden apreciar os fondos cambios sociais que tiveron lugar a partir do século II a. C. na sociedade castrexa. Nese intre consolídase a división social, proceso que podemos detectar na monumentalización da arquitectura doméstica.

Campo da Lanzada en Noalla (Sanxenxo, Pontevedra): un sito arqueolóxico que permite reconstruír a historia de Galicia durante 1.500 anos. Toda unha factoría comercial que nso permitirá falar, entre outras cousas, das relacións do mundo dos castros co Mediterráneo ao longo do primeiro milenio a. C.

Xurxo Ayán.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*