Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia
BIENVENIDOS
BENVIDOS
BENVINGUTS
BENVENUTI
WILLKOMMEN
WELKOM
WELCOME
BEM-VINDO
BIENVENUE
HOŞGELDİNİZ
Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia

ESPAÑOL CATALÁN DEUTCH ENGLISH FRANÇAIS
GALEGO ITALIANO HOLANDÉS PORTUGUÉS TURCO

“RECURSOS PARA GUÍAS PROFESIONAIS NA GALICIA ATLÁNTICA”

OBXECTIVOS DO CURSO

Nos, plantexámonos a idea da preparación dun curso que tivese continuación no tempo a diferencia doutras actividades suplementarias e esforzos realizados de escaso impacto pola súa complexidade e difícil materialización no campo de traballo do Guía Turístico. Precisabamos que no seu espíritu servira na mellora da praxis turística. E para acadar estes obxectivos tiñan que darse tres pontos principáis:
  1. Recoñecemento dos espazos (naturáis, históricos, míticos...) e a súa aplicación nos distintos eidos posibles.
  2. Aprender a expresar a interrelación “medio/home”, a traveso dun estudo histórico social e xeográfico que debemos traducir para facelo lexible.
  3. Comprensión e aceptación das diferentes realidades históricas, como o único medio para facer posible e comprensible o discurso.
Esta idea partiu do primeiro curso realizado dende esta Asociación: “Recursos Turísticos da Zona Atlántica I”. Agora pensamos que depende de nos continuar esta filosofía para dar unhas armas ós Guías Turísticos que lles permitan identificar totalmente o territorio aplicando as técnicas que desenrolaremos nos nosos cursos e facer do Guía un INTÉRPRETE moi cualificado de todo tipo de Patrimonio, versatil e eficaz.

PROGRAMA DO CURSO

O programa do curso consta dun Ciclo de Conferencias e dunha serie de excursións. O programa completo pódese descargar AQUÍ.

Os horarios serán os seguintes

PREZOS E INSCRIPCIÓN

O prezo do curso por participante é:

    Membro APIT-Galicia  50 €
Non asociado  80 €

Moi importante: o prazo de inscripción finaliza o día 22 de Febreiro ou ata cubrir as prazas.

Para inscribirse no curso é preciso descargar, cumprimentar e remitir un Formulario de inscripción, por correo electrónico (opción preferentemente, á dirección info@guiasdegalicia.org) ou por fax (ó número 0034981576698). Este documento pódese descargar das seguintes ligazóns:


ORGANIZA

PATROCINA



atrás
DIRECCIÓN
Dársena de Xoan XXIII
C/ Xoán XXIII, s/n
15704
Santiago de Compostela
INFORMACIÓN
Telf. y Fax: 0034981576698
E-Mail: info@guiasdegalicia.org
RESERVAS
Telf. y Fax: 0034981576698
E-Mail: reservas@guiasdegalicia.org